venres, 3 de decembro de 2021

PERFECTOS IMPERFECTOS

 Hoxe, 3 de decembro, celebramos o Día Internacional das persoas con discapacidade.
E por iso, deixámovos o video desta canción que difunde a Fundación Cadete, dedicada a fomentar a integración social de xóvenes e nenos con discapacidade.
Precioso vídeo e preciosa canción!






xoves, 2 de decembro de 2021

SUPERNENOS

 Nesta semana dedicada a diversidade funcional,  presentámosvos o conto de "Supernenos" narrado en galego polos nenos do noso cole. 
Esta é unha bonita historia que axuda a concienciar aos máis pequenos de que as diferenzas non nos separan, senón que nos unen.
O conto pretende cambiar a forma de ver a discapacidade e lanzar unha mensaxe de respecto, integración e tolerancia cara aos nenos e as nenas con diversidade funcional.
Esperamos que vos guste tanto coma a nós!



martes, 30 de novembro de 2021

"SUPERARTE"

  Hoxe tivemos a visita no noso cole de Charo Pita, escritora galega de moitísimas obras, dentro da iniciativa do Concello de Viveiro "Superarte"

Os alumnos/as de 3º e 4º puideron disfrutar do relato do seu conto "A carreira", que nos conta a historia dun neno con TEA.

O próximo venres, 3 de decembro, celebramos o Día Internacional da Discapacidade e son varias a actividades que estamos realizando esta semana, sendo esta unha máis, co fin de concienciar ó noso alumnado da diversidade do ser humano e igualdade de oportunidades.



sábado, 20 de novembro de 2021

20 de novembro DÍA DOS DEREITOS DO NENO

O 20 de novembro, é O Día Universal do Neno, un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo, é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos e para dar a coñecer os dereitos da infancia co fin de concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Presentamos a continuación, un resume explicado para todos os nenos/as,  de cales son os seus dereitos e os seus deberes feito na aula de apoio.

Esperamos que vos guste!







 

venres, 8 de outubro de 2021

8 de outubro, DIA DA DISLEXIA

 O 8 de outubro celébrase o Día Europeo da Dislexia para defender os dereitos das persoas que a padecen  e concienciar á sociedade da importancia de apoialas axeitadamente. 
Unha de cada dez persoas ten dislexia e a gran maioría non o sabe.
Deixámosvos un video moi didáctico que nos axudará a entender este transtorno do aprendizaxe .





venres, 2 de abril de 2021

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

 Hoxe comemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, decretado polas Nacións Unidas co obxectivo de mellorar a calidade de vida tanto na población infantil como nos adultos que sofren esta disCAPACIDADE e así poder brindarlles unha mellor calidade de vida.

O autismo está considerado como unha discapacidade que afecta ao desenvolvemento neurolóxico dos individuos que o padecen e que se presentan nas primeiras etapas da infancia. Caracterízase por ser unha condición que afecta a interación co mundo exterior, o contacto coas persoas do entorno e problemas de comunicación verbal.

O lema deste ano e o de PODO APRENDER.... PODO TRABALLAR.


Amosámosvos a continuación unhas infografías baseadas no DECÁLOGO de Ángel Rivière sobre

Que me pediría unha persoa autista?











Infografías elaboradas por Iris Carabal Reyes utilizando os Pictogramas de ARASAAC







venres, 26 de marzo de 2021

MATERIAL PARA AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

 Ola a todos/as:

Hoxe comenzamos as deseXadas vacacións de Semana Santa e a continuación deixámosvos uns cadernos de actividades repatirdas por cursos desta segunda avaliación, por si queredes facer un repaso da mesma. 

Descansade e disfrutade moito!

PRIMEIRO DE PRIMARIA

SEGUNDO DE PRIMARIA

TERCEIRO DE PRIMARIA

CUARTO DE PRIMARIA

QUINTO DE PRIMARIA

SEXTO DE PRIMARIA