martes, 29 de decembro de 2020

REPASO NAVIDEÑO

 Bo Nadal rapaces e rapazas!!

Que tal estades?? Supoñemos que de maravilla, xogando e disfrutando nestas datas tan sinaladas!

Pois se queredes e tedes tempo, podedes facer un repaso das actividades que fixéstedes nesta primeira avaliación. 
A continuación, tedes uns cuadernillos de repaso. Preme no teu curso e xa podes descargalo!

Un saúdo e a seguir disfrutando!







xoves, 3 de decembro de 2020

3 DE DECEMBRO - DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.


 

Hoxe celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como sensilizarnos sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

O lema deste ano 2020 é "Un día para todos" e quere demostrar que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento da nosa vida, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permantente, polo que toda a sociedade ten que estar preparada para iso.


Agora deixámosvos un video que elaboramos sobre a adaptación dun dos nosos contos preferidos:  

O cazo de Lorenzo 

Esperamos que vos guste tanto como a nós!

















luns, 2 de novembro de 2020

AUTOINSTRUCCIÓNS PARA RESOLVER OS PROBLEMAS

Presentámosvos unha serie de pautas e pasos que nos serán de moita axuda á hora de realizar os problemas

                                                              PREME AQUI : AUTOINSTRUCCIÓNS


venres, 16 de outubro de 2020

EDUCACIÓN INCLUSIVA

 Hoxe, 16 de outubro celebramos o día da Educación Inclusiva, o desafío de ofrecer unha mellor educación para todos e todas, na que calquer neno ou nena poda participar na vida do colexio que os seus pais elixan, con outros nenos e nenas da súa idade e cos apoios necesarios para a súa plena participación

No noso cole, e nos coles que nos rodean, promovemos está educación sen discriminación de ningunha natureza, so así conseguiremos unha educación de calidade.



luns, 12 de outubro de 2020

XOGO DE CARTAS DOBBLE DO OUTONO E SAMAIN

 Bo día,

Despois dun pequeno parón no blog, retomamos a proposta de actividades que vos poden interesar.

Xa ao comezo do mesmo, recomendamosvos este xogo de cartas tan entretido O DOBBLE (todas as cartas teñen un debuxo/elemento común e trata de atopalos), pois aproveitando que comezou o Outono e xa queda pouco para celebrar o Samain, deixámosvos as plantillas con estes debuxos para que as descarguedes, as recortedes e vos animades a xogar!

E... para os que ainda non saibades xogar, ao final do post tamén podedes descargar as instruccións dos diferentes xogos.

Espero que vos guste!

DOBBLE DO SAMAIN







DOBBLE DO OUTONO







INTRUCCIÓNS:









luns, 5 de outubro de 2020

FUNCIÓNS EXECUTIVAS

    Qué son as funcións executivas?   e........      Cales son?

Nas seguintes imaxes.... atoparedes un breve resume

FUNCIÓNS EXECUTIVAS







xoves, 13 de agosto de 2020

AS 8 COMPETENCIAS "C" QUE DEBE FOMENTAR A ESCOLA


 Continuamos falando de Ken Robinson, que resume en 8 as competencias necesarias para lograr os obxectivos fundamentais da educación.

Estas competencias son:











mércores, 12 de agosto de 2020

ESCOLAS CREATIVAS DE KEN ROBINSON

   Falábamos onte da lecturas de verán ... e unha das miñas neste tempo fai referencia a escola: "Escolas Creativas" de Ken Robinson, educador, investigador e escritor de numerosas obras sobre educación.

Robinson define educar como "facultar aos estudantes a comprender o mundo que nos rodea e a coñecer cal é o seu talento natural para que poidan formarse como individuos e converterse en cidadáns activos e compasivos".

No libro o autor propón a necesidade de renovar completamente un sistema educativo que ve obsoleto e anclado na era industrial para poder transformalo e acondionalo ás necesidades da nova realidade post industrial e basada no coñecemento.   

No seguinte video de YouTube, Cambiando Paradigmas de Ken Robinson (con preto de millón e medio de visualizacións) explica este proceso:



Para Robinson todos temos un talento, nacemos con el e exprésase de xeito diferente en cada individuo, segundo as súas capacidades e circunstancias. Pero a realidade é que hai unha gran maioría que nunca conectan cos seus dóns naturais, paixóns e puntos fortes....

Estou segura de que algunha vez vos preguntáchedes se tíñades algún talento.... e cal sería...




martes, 11 de agosto de 2020

APROVEITAMOS O VERÁN PARA LER....

 O verán é tempo de lecer, tempo de descansar, de divertirse, de ir a praia, de viaxar, de reunirnos con familiares e amigos, e de facer un montón de cousas que non nos da tempo durante o curso. 

Aproveitando este tempo, unha actividade moi recomendada  e beneficiosa é a lectura.

Unha vez que aprendemos a ler e collemos ese costume, as vantaxes son infinitas:

- A lectura axúdanos a comprender, a mellorar a gramática, o vocabulario e a escritura.

- A lectura axúdanos a aumentar a curiosidade e o coñecemento sobre calquer tema.

- A lectura estimula o noso razoamento e memoria.

- A lectura proporciona capacidade de pensamento crítico e confianza á hora de falar.

- A lectura é un marabilloso pasatempo e un xeito moi bo contra o aburrimento.

- A lectura axúdanos a explorar novos mundo e aumenta a imaxinación das persoas.

- A lectura fomenta a concentración e relaxa.

- E por último, a lectura sempre che fai compañía, non fai que te sintas só, estés donde estés.


luns, 10 de agosto de 2020

UN MES, E VOLTAMOS AO COLE!

Bo día familias, nenos e nenas do noso cole!

Estamos a un mes escaso de voltar ás aulas de novo e temos moitísimas ganas de estar todos xuntos outra vez!

Este obrigado parón supuxo unha nova e inesperada perspectiva sobre a nosa vida e como non, sobre a educación. Temos novas regras que cumplir e novas formas de plantexarnos o proceso de ensino aprendizaxe, pero o que permanece igual son as ganas e o entusiasmo de comezar unha nova etapa e un novo curso, que seguro que será diferente e por iso nos adaptaremos ás circunstacias, tendo sempre presente que o primeiro é a saúde de todos e principalmente, a dos mais pequenos/as.

Un saúdo e a seguir coidándonse moito.



domingo, 9 de agosto de 2020

BECAS E AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2020/2021

A partir de hoxe, 9 de agosto, está aberto o prazo para a convocatoria de bolsas e axudas dirixidas a estudantes con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2020-2021 do Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

Tipo de axuda: 

a) Axudas directas para estudantes, incluídos os afectados polo TDAH (Trastorno por Déficit de Atención de Hiperactividade) que precisen, durante un período da súa escolarización ou durante todo o período, certos apoios e atención educativa específica derivadas das discapacidades. ou trastorno grave da conduta. 

Os estudantes afectados por TEA (Trastorno do Espectro do Autismo) non incluídos no parágrafo anterior e que requiren estes apoios e atención educativa específica tamén poden ser beneficiarios da axuda directa. 

b) Subvencións para necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas. Os estudantes afectados por TEA (Trastorno do Espectro do Autismo), pertencentes a familias numerosas, non incluídos no parágrafo anterior, tamén poderán ser beneficiarios das subvencións 

c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regulada para estudantes con necesidade específica de apoio educativo asociados altas habilidades intelectuais. 

Beneficiarios 

Estudantes que non superen determinados ingresos e / ou bens familiares e que teñan unha necesidade específica de apoio educativo derivado de discapacidade ou trastornos graves de conduta e que estuden nun centro específico, nunha unidade de educación especial dun centro ordinario ou nun centro ordinario que escolarice estudantes con necesidades educativas especiais, nun dos niveis educativos non universitarios. 

Compoñentes da axuda e importes 

- Educación: ata 862,00 euros. - Transporte interurbano: ata 617,00 euros. - Comedor escolar: ata 574,00 euros. - Residencia escolar: ata 1.795,00 euros. - Transporte para transferencia de fin de semana [...]

Presentación

As solicitudes tanto de axuda como de subvención deberán cubrirse empregando o formulario accesible en liña no enderezo http://www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional no enderezo  https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1399

Plazo de presentación

As solicitudes poderán presentarse dende 09/08/2020 ao 30/09/2020 (ambos inclusive)

Mais información

BOE

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2020-25754

MINISTERIO DE EDUCACIÓN

http://www.educacionyfp.gob.es/eu/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Fonte: MEC

xoves, 14 de maio de 2020

FACEMOS SERIES LÓXIGAS

Facer series axúdanos a:

  • Comprender procesos abstractos
  • Desenvolver a intelixencia matemática e lingüística.
  • Aprender a utilizar a lóxica esquematicamente.
  • Aumentar a capacidade de pensamento.
  • Promover a resolución de problemas.
  • Fomentar o razoamento.

A continuación tedes unhas fichas para poder facerlas aquí mesmo, xa que son interactivas



Prema nos titulos das imaxes e accederás a elas:
SERIE LEGO                                          https://es.liveworksheets.com/c?a=c&im=n&l=nr&i=dcdfxx&r=ii
SERIE PRIMAVERA  https://es.liveworksheets.com/c?a=c&is=y&l=gv&i=dcdxso&r=og
      SERIE FIGURAS XEOMÉTRICAS                                                          
https://es.liveworksheets.com/c?a=c&is=y&ia=y&l=rm&i=dufztf&r=vb
https://es.liveworksheets.com/c?a=c&im=n&l=nr&i=dcdfxx&r=ii

PASATEMPOS


Os pasatempos son xogos moi enriquecedores xa que poñen a traballar as nosas funcións cognitivas e estimulan a búsqueda de novas formas de razonar, polo que son moi beneficiosos para os nosos nenos e nenas. 
Os desafíos que xeran, convértense en estímulos cando se empegan dunha forma adecuada. E, como ocorre en case todas as tarefas, temos que  procurar que os nenos e nenas  comencen a  xogar con pasatempos fáciles. Estes xogos serán capaces de promover as ganas de seguir e evitar así, o sentimento de fracaso.

No referente aos crucigramas, xogar cunha palabra exacta a través da súa definición  é unha forma divertida de aumentar o vocabulario dos máis pequenos e pequenas, aumentando as capacidades lingüísticas e buscando palabras sinónimas.

O mesmo ocorre coas sopas de letras, que fan que o neno ou nena se familiarice coa palabra e  a relacionen con outras do mesmo campo semántico, ampliando tamén, o seu vocabulario.

Estes pasatempos son exercicos moi completos, porque axudan ao desenvolvemento do cerebro, a favorecer a axilidade mental e a memoria visual. 
A lectura e a escritura son dúas actividades fundamentais para exercitar a memoria visual, a memoria que permite recoñecer palabras, o seu significado e empregar a ortografía correcta.
Ademáis, a realización dos mesmos precisa paciencia e concentración, e pode ser unha alternativa para favorecer a atención e concentración dos nenos e nenas.

Nas seguintes imaxes, deixovos un crucigrama e unha sopa de letras que vos será familiar, xa que está relacionada co noso cole. Anímovos a resolvela e así poñeredes a funcionar a vosa cabeciña

Unha aperta a todos e todas