Os pasatempos son xogos moi enriquecedores xa que poñen a traballar as nosas funcións cognitivas e estimulan a búsqueda de novas formas de razonar, polo que son moi beneficiosos para os nosos nenos e nenas.
Os desafíos que xeran, convértense en estímulos cando se empegan dunha forma adecuada. E, como ocorre en case todas as tarefas, temos que procurar que os nenos e nenas comencen a xogar con pasatempos fáciles. Estes xogos serán capaces de promover as ganas de seguir e evitar así, o sentimento de fracaso.
No referente aos crucigramas, xogar cunha palabra exacta a través da súa definición é unha forma divertida de aumentar o vocabulario dos máis pequenos e pequenas, aumentando as capacidades lingüísticas e buscando palabras sinónimas.
O mesmo ocorre coas sopas de letras, que fan que o neno ou nena se familiarice coa palabra e a relacionen con outras do mesmo campo semántico, ampliando tamén, o seu vocabulario.
Estes pasatempos son exercicos moi completos, porque axudan ao desenvolvemento do cerebro, a favorecer a axilidade mental e a memoria visual.
A lectura e a escritura son dúas actividades fundamentais para exercitar a memoria visual, a memoria que permite recoñecer palabras, o seu significado e empregar a ortografía correcta.
Ademáis, a realización dos mesmos precisa paciencia e concentración, e pode ser unha alternativa para favorecer a atención e concentración dos nenos e nenas.
Nas seguintes imaxes, deixovos un crucigrama e unha sopa de letras que vos será familiar, xa que está relacionada co noso cole. Anímovos a resolvela e así poñeredes a funcionar a vosa cabeciña
Unha aperta a todos e todas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.