xoves, 14 de maio de 2020

FACEMOS SERIES LÓXIGAS

Facer series axúdanos a:

  • Comprender procesos abstractos
  • Desenvolver a intelixencia matemática e lingüística.
  • Aprender a utilizar a lóxica esquematicamente.
  • Aumentar a capacidade de pensamento.
  • Promover a resolución de problemas.
  • Fomentar o razoamento.

A continuación tedes unhas fichas para poder facerlas aquí mesmo, xa que son interactivas



Prema nos titulos das imaxes e accederás a elas:
SERIE LEGO                                          https://es.liveworksheets.com/c?a=c&im=n&l=nr&i=dcdfxx&r=ii
SERIE PRIMAVERA  https://es.liveworksheets.com/c?a=c&is=y&l=gv&i=dcdxso&r=og
      SERIE FIGURAS XEOMÉTRICAS                                                          
https://es.liveworksheets.com/c?a=c&is=y&ia=y&l=rm&i=dufztf&r=vb
https://es.liveworksheets.com/c?a=c&im=n&l=nr&i=dcdfxx&r=ii

PASATEMPOS


Os pasatempos son xogos moi enriquecedores xa que poñen a traballar as nosas funcións cognitivas e estimulan a búsqueda de novas formas de razonar, polo que son moi beneficiosos para os nosos nenos e nenas. 
Os desafíos que xeran, convértense en estímulos cando se empegan dunha forma adecuada. E, como ocorre en case todas as tarefas, temos que  procurar que os nenos e nenas  comencen a  xogar con pasatempos fáciles. Estes xogos serán capaces de promover as ganas de seguir e evitar así, o sentimento de fracaso.

No referente aos crucigramas, xogar cunha palabra exacta a través da súa definición  é unha forma divertida de aumentar o vocabulario dos máis pequenos e pequenas, aumentando as capacidades lingüísticas e buscando palabras sinónimas.

O mesmo ocorre coas sopas de letras, que fan que o neno ou nena se familiarice coa palabra e  a relacionen con outras do mesmo campo semántico, ampliando tamén, o seu vocabulario.

Estes pasatempos son exercicos moi completos, porque axudan ao desenvolvemento do cerebro, a favorecer a axilidade mental e a memoria visual. 
A lectura e a escritura son dúas actividades fundamentais para exercitar a memoria visual, a memoria que permite recoñecer palabras, o seu significado e empregar a ortografía correcta.
Ademáis, a realización dos mesmos precisa paciencia e concentración, e pode ser unha alternativa para favorecer a atención e concentración dos nenos e nenas.

Nas seguintes imaxes, deixovos un crucigrama e unha sopa de letras que vos será familiar, xa que está relacionada co noso cole. Anímovos a resolvela e así poñeredes a funcionar a vosa cabeciña

Unha aperta a todos e todas


mércores, 6 de maio de 2020

TANGRAM


O Tangram é un xogo ideal para estimular a orientación e a estruturación espacial e para axudar aos nenos con problemas visioperceptivos ... traballando ademáis a atención e a concentración.

A continuación, déixovos varios documentos nos que podedes atopar os seguintes modelos de Tangram:

  • Aquí podedes colorear o voso propio modelo de Tangram
  • Aquí tedes o modelo xa coleado listo para imprimir
  • E se premades neste enlace, podedes atopar moitas plantillas para representar os modelos debuxos 



Animádevos a facer moitas figuras!!