venres, 3 de decembro de 2021

PERFECTOS IMPERFECTOS

 Hoxe, 3 de decembro, celebramos o Día Internacional das persoas con discapacidade.
E por iso, deixámovos o video desta canción que difunde a Fundación Cadete, dedicada a fomentar a integración social de xóvenes e nenos con discapacidade.
Precioso vídeo e preciosa canción!






xoves, 2 de decembro de 2021

SUPERNENOS

 Nesta semana dedicada a diversidade funcional,  presentámosvos o conto de "Supernenos" narrado en galego polos nenos do noso cole. 
Esta é unha bonita historia que axuda a concienciar aos máis pequenos de que as diferenzas non nos separan, senón que nos unen.
O conto pretende cambiar a forma de ver a discapacidade e lanzar unha mensaxe de respecto, integración e tolerancia cara aos nenos e as nenas con diversidade funcional.
Esperamos que vos guste tanto coma a nós!