Hoxe celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como sensilizarnos sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
O lema deste ano 2020 é "Un día para todos" e quere demostrar que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento da nosa vida, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permantente, polo que toda a sociedade ten que estar preparada para iso.
Agora deixámosvos un video que elaboramos sobre a adaptación dun dos nosos contos preferidos:
O cazo de Lorenzo
Esperamos que vos guste tanto como a nós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.