Bo día familias, nenos e nenas do noso cole!
Estamos a un mes escaso de voltar ás aulas de novo e temos moitísimas ganas de estar todos xuntos outra vez!
Este obrigado parón supuxo unha nova e inesperada perspectiva sobre a nosa vida e como non, sobre a educación. Temos novas regras que cumplir e novas formas de plantexarnos o proceso de ensino aprendizaxe, pero o que permanece igual son as ganas e o entusiasmo de comezar unha nova etapa e un novo curso, que seguro que será diferente e por iso nos adaptaremos ás circunstacias, tendo sempre presente que o primeiro é a saúde de todos e principalmente, a dos mais pequenos/as.
Un saúdo e a seguir coidándonse moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.