E por iso, deixámovos o video desta canción que difunde a Fundación Cadete, dedicada a fomentar a integración social de xóvenes e nenos con discapacidade.
venres, 3 de decembro de 2021
PERFECTOS IMPERFECTOS
E por iso, deixámovos o video desta canción que difunde a Fundación Cadete, dedicada a fomentar a integración social de xóvenes e nenos con discapacidade.
xoves, 2 de decembro de 2021
SUPERNENOS
Esta é unha bonita historia que axuda a concienciar aos máis pequenos de que as diferenzas non nos separan, senón que nos unen.
O conto pretende cambiar a forma de ver a discapacidade e lanzar unha mensaxe de respecto, integración e tolerancia cara aos nenos e as nenas con diversidade funcional.
Esperamos que vos guste tanto coma a nós!
martes, 30 de novembro de 2021
"SUPERARTE"
Hoxe tivemos a visita no noso cole de Charo Pita, escritora galega de moitísimas obras, dentro da iniciativa do Concello de Viveiro "Superarte"
Os alumnos/as de 3º e 4º puideron disfrutar do relato do seu conto "A carreira", que nos conta a historia dun neno con TEA.
O próximo venres, 3 de decembro, celebramos o Día Internacional da Discapacidade e son varias a actividades que estamos realizando esta semana, sendo esta unha máis, co fin de concienciar ó noso alumnado da diversidade do ser humano e igualdade de oportunidades.
sábado, 20 de novembro de 2021
20 de novembro DÍA DOS DEREITOS DO NENO
O 20 de novembro, é O Día Universal do Neno, un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo, é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos e para dar a coñecer os dereitos da infancia co fin de concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
Presentamos a continuación, un resume explicado para todos os nenos/as, de cales son os seus dereitos e os seus deberes feito na aula de apoio.
Esperamos que vos guste!
venres, 8 de outubro de 2021
8 de outubro, DIA DA DISLEXIA
O 8 de outubro celébrase o Día Europeo da Dislexia para defender os dereitos das persoas que a padecen e concienciar á sociedade da importancia de apoialas axeitadamente.
Unha de cada dez persoas ten dislexia e a gran maioría non o sabe.
Deixámosvos un video moi didáctico que nos axudará a entender este transtorno do aprendizaxe .
venres, 2 de abril de 2021
DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO
Hoxe comemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, decretado polas Nacións Unidas co obxectivo de mellorar a calidade de vida tanto na población infantil como nos adultos que sofren esta disCAPACIDADE e así poder brindarlles unha mellor calidade de vida.
O autismo está considerado como unha discapacidade que afecta ao desenvolvemento neurolóxico dos individuos que o padecen e que se presentan nas primeiras etapas da infancia. Caracterízase por ser unha condición que afecta a interación co mundo exterior, o contacto coas persoas do entorno e problemas de comunicación verbal.
O lema deste ano e o de PODO APRENDER.... PODO TRABALLAR.
Amosámosvos a continuación unhas infografías baseadas no DECÁLOGO de Ángel Rivière sobre
Que me pediría unha persoa autista?
Infografías elaboradas por Iris Carabal Reyes utilizando os Pictogramas de ARASAAC
venres, 26 de marzo de 2021
MATERIAL PARA AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Ola a todos/as:
Hoxe comenzamos as deseXadas vacacións de Semana Santa e a continuación deixámosvos uns cadernos de actividades repatirdas por cursos desta segunda avaliación, por si queredes facer un repaso da mesma.
Descansade e disfrutade moito!
domingo, 21 de marzo de 2021
DIA MUNDIAL DO SINDROME DE DOWN
Como cada ano o 21 de marzo, celebramos o Día Munidal do Sindorme de Down. O principal obxectivo desta celebración é crear conciencia dentro da sociedade do valor que estas persoas teñen, a pesar das súas discapacidades intelectuais.
Deixámosvos a continuación o Decálogo de Inclusión elaborado por Down Galicia
xoves, 18 de febreiro de 2021
DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME ASPERGER
Hoxe, 18 de febreiro, celébrase o Día Internacional do Síndrome Asperger, coincidindo co nacemento do psiquiatra Hans Asperger, quen describíu este trastorno por primeira vez.
Deixámosvos a continuación un vídeo moi instructivo sobre que é o T. Asperger e como tratalo na aula e unha lámina moi chula atopada na rede.
Esperamos que vos sexa de axuda!
sábado, 23 de xaneiro de 2021
DIA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA
Bo día!
Esta semana no cole estamos facendo moitas cousas relacionadas coa Paz, pois o próximo sábado día 30 de xaneiro celebramos o DIA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.
Son moitas as actividades que están a levar a cabo os nenos e nenas, pero hoxe presentámosvos o ABECEDARIO DA PAZ elaborado polo alumnado de 6* de Ed. Infantil.
martes, 29 de decembro de 2020
REPASO NAVIDEÑO
xoves, 3 de decembro de 2020
3 DE DECEMBRO - DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
O lema deste ano 2020 é "Un día para todos" e quere demostrar que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento da nosa vida, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permantente, polo que toda a sociedade ten que estar preparada para iso.
Agora deixámosvos un video que elaboramos sobre a adaptación dun dos nosos contos preferidos:
O cazo de Lorenzo
Esperamos que vos guste tanto como a nós!
luns, 2 de novembro de 2020
AUTOINSTRUCCIÓNS PARA RESOLVER OS PROBLEMAS
Presentámosvos unha serie de pautas e pasos que nos serán de moita axuda á hora de realizar os problemas
PREME AQUI : AUTOINSTRUCCIÓNS
venres, 16 de outubro de 2020
EDUCACIÓN INCLUSIVA
Hoxe, 16 de outubro celebramos o día da Educación Inclusiva, o desafío de ofrecer unha mellor educación para todos e todas, na que calquer neno ou nena poda participar na vida do colexio que os seus pais elixan, con outros nenos e nenas da súa idade e cos apoios necesarios para a súa plena participación
No noso cole, e nos coles que nos rodean, promovemos está educación sen discriminación de ningunha natureza, so así conseguiremos unha educación de calidade.
luns, 12 de outubro de 2020
XOGO DE CARTAS DOBBLE DO OUTONO E SAMAIN
Bo día,
Despois dun pequeno parón no blog, retomamos a proposta de actividades que vos poden interesar.
Xa ao comezo do mesmo, recomendamosvos este xogo de cartas tan entretido O DOBBLE (todas as cartas teñen un debuxo/elemento común e trata de atopalos), pois aproveitando que comezou o Outono e xa queda pouco para celebrar o Samain, deixámosvos as plantillas con estes debuxos para que as descarguedes, as recortedes e vos animades a xogar!
E... para os que ainda non saibades xogar, ao final do post tamén podedes descargar as instruccións dos diferentes xogos.
Espero que vos guste!
DOBBLE DO SAMAIN
INTRUCCIÓNS:
luns, 5 de outubro de 2020
FUNCIÓNS EXECUTIVAS
Qué son as funcións executivas? e........ Cales son?
Nas seguintes imaxes.... atoparedes un breve resume





















































