venres, 26 de marzo de 2021

MATERIAL PARA AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

 Ola a todos/as:

Hoxe comenzamos as deseXadas vacacións de Semana Santa e a continuación deixámosvos uns cadernos de actividades repatirdas por cursos desta segunda avaliación, por si queredes facer un repaso da mesma. 

Descansade e disfrutade moito!

PRIMEIRO DE PRIMARIA

SEGUNDO DE PRIMARIA

TERCEIRO DE PRIMARIA

CUARTO DE PRIMARIA

QUINTO DE PRIMARIA

SEXTO DE PRIMARIA



domingo, 21 de marzo de 2021

DIA MUNDIAL DO SINDROME DE DOWN

Como cada ano o 21 de marzo, celebramos o Día Munidal do Sindorme de Down. O principal obxectivo desta celebración é crear conciencia dentro da sociedade do valor que estas persoas teñen, a pesar das súas discapacidades intelectuais.

Deixámosvos a continuación o Decálogo de Inclusión elaborado por Down Galicia



xoves, 18 de febreiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME ASPERGER

 Hoxe, 18 de febreiro, celébrase o Día Internacional do Síndrome Asperger, coincidindo co nacemento do psiquiatra Hans Asperger, quen describíu este trastorno por primeira vez.

Deixámosvos a continuación un vídeo moi instructivo sobre que é o T. Asperger e como tratalo na aula e unha lámina moi chula atopada na rede.

Esperamos que vos sexa de axuda!





sábado, 23 de xaneiro de 2021

DIA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Bo día!

Esta semana no cole estamos facendo moitas cousas relacionadas coa Paz, pois o próximo sábado día 30 de xaneiro celebramos o DIA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.

Son moitas as actividades que están a levar a cabo os nenos e nenas, pero hoxe presentámosvos o ABECEDARIO DA PAZ elaborado polo alumnado de 6* de Ed. Infantil.



martes, 29 de decembro de 2020

REPASO NAVIDEÑO

 Bo Nadal rapaces e rapazas!!

Que tal estades?? Supoñemos que de maravilla, xogando e disfrutando nestas datas tan sinaladas!

Pois se queredes e tedes tempo, podedes facer un repaso das actividades que fixéstedes nesta primeira avaliación. 
A continuación, tedes uns cuadernillos de repaso. Preme no teu curso e xa podes descargalo!

Un saúdo e a seguir disfrutando!







xoves, 3 de decembro de 2020

3 DE DECEMBRO - DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.


 

Hoxe celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como sensilizarnos sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

O lema deste ano 2020 é "Un día para todos" e quere demostrar que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento da nosa vida, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permantente, polo que toda a sociedade ten que estar preparada para iso.


Agora deixámosvos un video que elaboramos sobre a adaptación dun dos nosos contos preferidos:  

O cazo de Lorenzo 

Esperamos que vos guste tanto como a nós!

















luns, 2 de novembro de 2020

AUTOINSTRUCCIÓNS PARA RESOLVER OS PROBLEMAS

Presentámosvos unha serie de pautas e pasos que nos serán de moita axuda á hora de realizar os problemas

                                                              PREME AQUI : AUTOINSTRUCCIÓNS