mércores, 29 de abril de 2020

RECURSOS NA REDE PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA


Ola familias, nenos e nenas!
Pode ser que moitos de vosoutros/as estivéchedes estes días na rede na pescuda de recursos para poder traballar. 
Pois si é así, a continuación, póñovos unha lista de páxinas nas cales  podedes consultar e descargar o  material que vos interese:
  • Ciudad 17: ofrécevos gran cantidade de ficheiros para traballar os números, grafomotricidade, letras, etc.. na etapa de Educación Infantil.
  • Educafichas: ofrécevos moitos cadernos e fichas en pdf para colorear, de matémticas, de lectoescritura, de estimulación cognitiva, etc... 






  • Mundo Primaria: ofrécevos fichas en todos os niveis de lectoescritura e matemáticas na etapa de Primaria.





  • Xogos infantiles: ademais de ter moitos xogos adaptados ás idades e contidos, ofrécevos unha gran selección de ficheiros agrupados por temas. 





Espero que vos sexa de axuda!







martes, 28 de abril de 2020

XOGOS CON LAPIS E PAPEL


Cun simple lapis e unha folla de papel podemos facer un montón de xogos divertidos.

Estes sinxelos xogos son sempre unha boa opción cando non temos nada que facer ou hai que agardar e nos serven de pasatempo.

Aquí tedes exemplos para xogar en parellas ou con varios xogadores:

*       Aforcado: Temos que adiviñar unha palabra  no menor número de intentos posibles.
Un xogador pensa unha palabra e escribe no papel tantas franxas como letras.
O outro xogador ten que adiviñar esa palabra dicindo as letras do alfabeto e acertándoas. Para iso contará cun numero de intentos que corresponde ao debuxo dunha aforcado feito por partes.
Hai que adiviñar a palabra antes de completar todo o corpo do boneco ....... Ou acabarás colgado!

*       Stop / Alto o lápis / Tuti frutti : Este xogo consiste en facer unha táboa onde eliximos varias temáticas que colocamos nas columnas (profesións, froitas, países, nomes de persoa, etc)
Rifamos unha letra, e a que saia temos que completar a fila con palabras que empecen por esa letra.
O primeiro que remate o di e gañará se ten todos as caixas completadas.

*       Palabras encadeadas: Podemos xogar este xogo por escrito ou tamén falando, pero poñelo no papel pode ser un gran exercicio para aqueles nenos que comezan a escribir. 
O primeiro xogador di calquera palabra, e o seguinte xogador debe dicir outra que comece coa última sílaba, ou letra, da anterior. Ademais, non podemos repetir as palabras xa ditas.

Tres en raia:  O obxectivo é conseguir tres X ou tres 0 en liña en 3 × 3 cadrados. Cada xogador elixe que é (X/0) e empeza por turnos a escribir o seu símbolo no casilleiro. As liñas poden ser en diagonal, vertical ou horizontal. Hai que estar  moi atentos!

*       Fundir a flota: É un coñecido xogo de habilidade e estratexia no que poden participar dous xogadores. Necesitaremos catro papeis cadrados (dous para cada xogador), nos que debuxaremos filas con letras e columnas con números. Nunha delas distribuiremos a nosa flota horizontal ou verticalmente do seguinte xeito: catro embarcacións dunha cuadrícula, tres barcos de dúas cuadrículas, dous barcos de tres cuadrículas e un barco de catro cuadrículas. Cada xogador comeza a dar coordenadas ás que o opoñente terá que responder con "auga" se fallou, "tocado" se golpeou unha grella e "afundido" se terminou con todo o barco.


  •     E moitos mais xogos... éstos son solo unha pequena mostra deles para pasar un tempo moi divertido e discurrindo!


Estou segura que as vosas nais, pais e familiares lles sonan moitos estes xogos... así que estarán encantados/as de xogar partidas con vosoutros/as!


luns, 27 de abril de 2020

MANDALAS


Todos e todas coñecedes as mandalas??

A mandala é orixinaria da India e o seu nome significa "círculo ou roda". É unha composición baseada en formas xeométricas pero o seu significado vai moito máis alá: no hinduísmo e no budismo serve de apoio á meditación e representa a unión e a totalidade.

Colorear mandalas é unha actividade moi beneficiosa.
Pero sabías que tamén é moi recomendable para os nenos e nenas?

Colorear mandalas axúdanos a:
- Potenciar a nosa atención e concentración.

- Fomentar o control e dominio do corpo, especialmente das habilidades motrices finas, o que favorece a capacidade de escribir, deseñar, manipular obxectos ...

- Desenvolver paciencia: colorear unha mandala require tempo, tranquilidade e, sobre todo, paciencia para dar cor ás múltiples formas e figuras que hai dentro.

- Estimulan a creatividade e imaxinación do neno.

- Axudan á formación de intelixencia e razoamento.

- Baixar o nivel de estrés, tamén durante o tempo que o  pintamos unha mandala, podemos engadir música de fondo para que o efecto relaxante e calmante sexa aínda maior.

- E ademais nos anima  a superar retos e retos
Na rede poderedes atopar moitas mandalas de diferentes tipos.
Preme no seguinte enlace e verás unha mostra delas...


Animádevos a decorar recunchos da vosa habitación con elas!




sábado, 18 de abril de 2020

SUDOKUS


Seguro que moitos sabedes o que é un Sudoku e os que non… sónavos esta palabriña tan rara de orixe xaponés.

O Sodoku é un xogo que consiste en encher con números as caixas baleiras. Pero estes números teñen que estar situados de xeito que en cada fila, en cada columna e en cada bloque, coloquemos os números sen repetir.

Xogar ao sudoku ten moitas vantaxes, xa que poñemos en funcionamento o desenvolvemento de habilidades de lóxica e, a pesar de ser unha actividade solitaria, xa que só participa un único xogador, mantén o cerebro moi activo.

A concentración e a atención aos detalles,  é a base para conseguir resolvelo.
Non ten porque ser de números, tamén pode ser de figuras ou debuxos e a mecánica é a mesma.

E para engancharvos a este xogo... (que engancha... xa veredes...) elaboramos uns moi fáciles con imaxes do cole e debuxos.
Animádevos a resolvelo... e en seguintes publicacións... editarei outros con máis dificultade.





venres, 17 de abril de 2020

UNHA DE MANUALIDADES!!

Ola a todos!
Bo dia nenos, nenas e familias!
Sabíades que facer manualidades son actividades que non enriquecen moitísimo?

Axúdanos a:
  • Desenvolver a creatividade e a imaxinación. Traballando coa súa creatividade adestran o lado dereito do cerebro, responsable das emocións, sensibilidade estética, visión espacial e abstracción. Con todo isto, aprenden a expresar as súas emocións e a amosar ao mundo tal e como o perciben.
  • Desenvolver a concentración, a paciencia e a perseveranza. Os nenos e nenas de hoxe están crecendo nun mundo onde todo vai moi rápido (pantallas, videoxogos ...), as necesidades son atendidas de inmediato e os desexos son cumpridos no momento. Esta velocidade e a nosa cultura de inmediatez non lles permiten desenvolver concentración, paciencia ou perseveranza. 
  • Aumentar a autoestima, a confianza en si mesmo e a mellora de si mesmo. Os xogos e entretementos dos nenos e nenas deben presentar retos e darlles a oportunidade de acadar as cousas de xeito autónomo. Facendo manualidades axudámoslles a confiar nas súas posibilidades e a aumentar a súa autoestima.
  • Aprender a planificar e resolver problemas. Ao facer o traballo manual, os nenos e as nenas deberán planificar con antelación que pasos deben realizar. Aínda así, atoparán algunha dificultade que deben resolver con inxenuidade.
  • Fortalecer a memoria e desenvolver a psicomotricidade. O traballo manual axúdalles a desenvolver habilidades motrices finas traballando con diferentes materiais (textura, densidade, tamaños, etc.), alcanzando o nivel adecuado de precisión e coordinación.
  • Aprender a traballar en equipo, a promover relacións sociais e a fortalecer os lazos familiares. Saber traballar en equipo é fundamental para relacionarse na sociedade e para o teu futuro traballo.
Pois xa vedes que son todas vantaxes facer manualidades. Asi que vos animo a facer este tipo de tarefas tan entretidas en familia, aproveitando que agora temos tempo.
Prema na  imaxe para que podades acceder a facer moitas destas actividades utilizando moitos materiais que seguro, tedes por casa.

https://www.pequeocio.com/manualidades-infantiles/


xoves, 16 de abril de 2020

PROPOSTA DE XOGOS DE CARTAS


A continuación, preséntovos unha proposta de dous xogos de cartas de mesa que me parecen moi interesantes.
Son xogos en que poden participar de 2 ata 8 xogadores e son para todas as idades (a partir dos 6 anos) polo que podedes xogar coa vosa familia e pasar momentos moi divertidos ao mesmo tempo que poñemos a traballar a nosa cabeciña.

DOBBLE
Trátase dun xogo de cartas con debuxos no que traballamos as Capacidades cognitivas (atención, memoria, razoamento...)
O xogo consiste en atopar o debuxo que se repite en cada carta (tódalas cartas teñen un debuxo repetido).
Se tedes a posibilidade de xogar... estou segura que pasaredes un momento moi divertido,  ademais de poñer a proba as vosas habilidades .


PALABREA
É outro xogo moi entretido de cartas no que usamos as dúas caras do mesmo. Nun lado están representadas as 10 categorías (animais, cidades, países, personaxes famosos, profesións, obxectos, plantas, comidas, películas e nomes) e no outro lado 3 letras de diferentes cores.
O xogo trata de atopar palabras que empecen polas letras escritas nas cartas e que  correspondan ás diferentes categorías.
É un xogo moi divertido que estimula fluidez verbal, a axilidade mental e o desenvolvemento da linguaxe  e que de seguro vos gustará e entreterá moito!



sábado, 4 de abril de 2020

MATERIAIS GRATUITOS PARA DESCARGAR ED. CALESA

Para tratar de axudar a todos/as os nenos/as de Ed. Primaria e Secundaria, a Editorial La Calesa creou unha publicación especial gratuíta para poder realizar tarefas escolares.
A continuación, póñovos os enlaces para que poidades descargar o material se queredes e o precisades nalgún momento: