A continuación, preséntovos unha proposta de dous xogos de cartas de mesa que me parecen moi interesantes.
Son xogos en que poden participar de 2 ata 8 xogadores e son para todas as idades (a partir dos 6 anos) polo que podedes xogar coa vosa familia e pasar momentos moi divertidos ao mesmo tempo que poñemos a traballar a nosa cabeciña.
DOBBLE
Trátase dun xogo de
cartas con debuxos no que traballamos as Capacidades cognitivas (atención,
memoria, razoamento...)
O xogo consiste en atopar o debuxo que se repite en cada carta (tódalas cartas teñen un debuxo repetido).
Se tedes a posibilidade de xogar... estou segura que pasaredes un momento
moi divertido, ademais de poñer a proba
as vosas habilidades .
PALABREA
É outro xogo moi entretido de cartas no que usamos as dúas caras do mesmo. Nun lado
están representadas as 10 categorías (animais, cidades, países, personaxes
famosos, profesións, obxectos, plantas, comidas, películas e nomes) e no outro
lado 3 letras de diferentes cores.
O xogo trata de atopar palabras que empecen polas letras escritas nas cartas e que correspondan ás diferentes categorías.
É un xogo moi divertido que estimula fluidez verbal, a axilidade mental e o
desenvolvemento da linguaxe e que de
seguro vos gustará e entreterá moito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.