Seguro que moitos sabedes o que é un Sudoku e os que non…
sónavos esta palabriña tan rara de orixe xaponés.
O Sodoku é un xogo que consiste en encher con números as caixas
baleiras. Pero estes números teñen que estar situados de xeito que en cada fila, en cada columna e en cada bloque, coloquemos os números sen repetir.
Xogar ao sudoku ten moitas vantaxes, xa que poñemos en
funcionamento o desenvolvemento de habilidades
de lóxica e, a pesar de ser unha actividade solitaria, xa que só participa
un único xogador, mantén o cerebro moi activo.
A
concentración e a atención aos detalles, é a
base para conseguir resolvelo.
Non ten porque ser de números, tamén pode ser de figuras
ou debuxos e a mecánica é a mesma.
E para engancharvos a este xogo... (que engancha... xa
veredes...) elaboramos uns moi fáciles con imaxes do cole e debuxos.
Animádevos a resolvelo... e en seguintes publicacións...
editarei outros con máis dificultade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.