Cun simple lapis e unha folla de papel podemos facer un montón de xogos
divertidos.
Estes sinxelos xogos son sempre unha boa opción cando non temos nada que
facer ou hai que agardar e nos serven de pasatempo.
Aquí tedes exemplos para xogar en parellas ou con varios xogadores:
*
Aforcado: Temos que adiviñar unha
palabra no menor número de intentos
posibles.
Un xogador pensa unha palabra e escribe no papel tantas
franxas como letras.
O outro xogador ten que adiviñar esa palabra dicindo as letras do alfabeto e acertándoas. Para iso contará cun numero de intentos que corresponde ao debuxo dunha aforcado feito por partes.
O outro xogador ten que adiviñar esa palabra dicindo as letras do alfabeto e acertándoas. Para iso contará cun numero de intentos que corresponde ao debuxo dunha aforcado feito por partes.
Hai que adiviñar a palabra antes de completar todo o
corpo do boneco ....... Ou acabarás colgado!
*
Stop / Alto o lápis
/ Tuti frutti : Este xogo consiste en facer unha táboa onde eliximos varias temáticas que colocamos nas
columnas (profesións, froitas, países, nomes de persoa, etc)
O primeiro que remate o di e gañará se ten todos as caixas
completadas.
*
Palabras encadeadas: Podemos xogar este xogo por escrito ou
tamén falando, pero poñelo no papel pode ser un gran exercicio para aqueles
nenos que comezan a escribir.
O primeiro xogador di calquera palabra, e o seguinte xogador debe dicir outra que comece coa última sílaba, ou letra, da anterior. Ademais, non podemos repetir as palabras xa ditas.
O primeiro xogador di calquera palabra, e o seguinte xogador debe dicir outra que comece coa última sílaba, ou letra, da anterior. Ademais, non podemos repetir as palabras xa ditas.
Tres en raia: O obxectivo é
conseguir tres X ou tres 0 en liña en 3 × 3 cadrados. Cada xogador elixe que é
(X/0) e empeza por turnos a escribir o seu símbolo no casilleiro. As liñas
poden ser en diagonal, vertical ou horizontal. Hai que estar moi atentos!
*
Fundir a flota: É un coñecido xogo de habilidade e estratexia no que
poden participar dous xogadores. Necesitaremos catro papeis cadrados (dous para
cada xogador), nos que debuxaremos filas con letras e columnas con números.
Nunha delas distribuiremos a nosa flota horizontal ou verticalmente do seguinte
xeito: catro embarcacións dunha cuadrícula, tres barcos de dúas cuadrículas, dous
barcos de tres cuadrículas e un barco de catro cuadrículas. Cada xogador comeza
a dar coordenadas ás que o opoñente terá que responder con "auga" se
fallou, "tocado" se golpeou unha grella e "afundido" se terminou
con todo o barco.
- E moitos mais xogos... éstos son solo unha pequena mostra deles para pasar un tempo moi divertido e discurrindo!
Estou segura
que as vosas nais, pais e familiares lles sonan moitos estes xogos... así que estarán encantados/as de xogar partidas con vosoutros/as!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.