Todos e todas coñecedes as mandalas??
A mandala é orixinaria da India e o seu nome significa "círculo ou
roda". É unha composición baseada en formas xeométricas pero o seu
significado vai moito máis alá: no hinduísmo e no budismo serve de apoio á
meditación e representa a unión e a totalidade.
Colorear mandalas é unha actividade moi beneficiosa.
Pero sabías que tamén é moi recomendable para os nenos e nenas?
Colorear mandalas axúdanos a:
- Potenciar a nosa atención e
concentración.
- Fomentar o control e dominio do
corpo, especialmente das habilidades
motrices finas, o que favorece a capacidade de escribir, deseñar, manipular
obxectos ...
- Desenvolver paciencia:
colorear unha mandala require tempo, tranquilidade e, sobre todo, paciencia
para dar cor ás múltiples formas e figuras que hai dentro.
- Estimulan a creatividade e
imaxinación do neno.
- Axudan á formación de intelixencia
e razoamento.
- Baixar o nivel de estrés,
tamén durante o tempo que o pintamos
unha mandala, podemos engadir música de fondo para que o efecto relaxante e
calmante sexa aínda maior.
- E ademais nos anima a superar retos e retos
Na rede poderedes atopar moitas mandalas de diferentes tipos.
Animádevos a decorar recunchos da vosa habitación con elas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.