Para as familias viaxeiras que botan en falta as súas
saídas recomendamos viaxar sen saír de casa... é posible?
Pois claro que si!!
Cun pouco de imaxinación podemos "viaxar".
Aquí van 8 ideas para viaxar sen moverse da casa
1. Fai unha visita virtual a un museo do mundo
Hai un montón de museos para explorar desde
casa. Velaquí vai unha lista deles:
1. Pinacoteca di Brera– Milán
2. Galleria degli Uffizi – Florencia
3. Musei Vaticani en Roma1. Pinacoteca di Brera– Milán
2. Galleria degli Uffizi – Florencia
4. Museo Archeologico – Atenas
5. Prado – Madrid
6. Louvre – Parigi
7. British Museum – Londres
8. Metropolitan Museum – Nueva York
9. Hermitage – San Pietroburgo
10. National Gallery of art – Washington
2. Explora outros países con Google Earth
Con Google Earth tamén
temos a oportunidade de viaxar cos nenos sen saír de casa. Podedes usar a
opción "Voyager" para viaxar a diferentes países e coñecer lugares ou
facer un divertido xogo de trivial e adiviñar o sonido que fan os animais.
3. Cociña un plato exótico en familia
Cociñar é unha actividade
moi chula para facer en familia. Sabemos que agora non é fácil ir ao
supermercado ou atopar todos os produtos que precisamos, pero se deixamos que a nosa
imaxinación libre, seguramente podemos facer un delicioso prato.
Probade a cociñar aquelas
receitas doutros países que vos recorden esas sensacións, cheiros, gustos e
recordos.
4. Ver un documental
Os documentais son unha
boa forma de viaxar con nenos sen saír de casa. En Netflix hai por exemplo
"A Terra pola noite" ou "O noso planeta".
5.Vive a experiencia dunha acampada
Acampar no salón é moi
divertido! Podedes facer unha tenda debaixo da mesa do comedor ou usar os
colchóns do sofá, pinzas de roupa e sabanas. Se baixamos as persianas e usamos as
lanternas ... todo é aínda máis frío!!
6. A lectura sempre é unha boa maneira de viaxar
Seguro que na casa tedes libros para ler e reler. Aproveitade para ler en familia!!
7. Escoita música doutros países o noutros
idiomas
Viaxar con nenos/as sen sair da casa a través da música é unha idea excelente. Este ano polo Nadal, o noso alumnado preparou cantigas de diferentes paises, onde as podedes oir no blog da aula de Ed. Musical.
Tamén podemos escoitar música de diferentes continentes. Como por exemplo:
·
Música
tradicional japonesa: https://www.youtube.com/watch?v=Hivi90_3yoE
·
Música
árabe https://www.youtube.com/watch?v=77naxgCPzUE
8. Sempre podemos aprender un baile novo
No cole xa levamos a cabo varias danzas populares do mundo, así que é un bo momento para visualizar os vídeos dos bailes que atoparedes no blog da biblioteca. Tamén podedes practicar outros novos bailes porque os hai moi chulos!
Divertirédesvos moito todos xuntos en familia e... ao mesmo tempo, faredes exercicio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.