Bo día nenos e nenas!
Quero compartir con vosoutros/as algunhas
das tarefas que podemos facer na casa se
non dispoñemos nin de ordenador nin de impresora.
DEBUXAR
Estou segura que xa fixestes unha morea de debuxos…. E
algúns/as estaredes xa fartos…
Pero sempre é unha actividade que nos permite
relaxarnos e deixar libre a nosa imaxinación!!
Así que anímate a decorar os rincóns da túa casa cos vosos debuxos que dan
alegría.
ESCRIBIR
Cada día podemos facer unha pequena redacción (un pequeno diario) sobre o que fixemos o dia anterior. Non ten
porque ser moi longa, o que si é importante e que vos fixedes no que escribides
e que o volvades a ler para comprobar se ten sentido e poder revisar as faltas
de ortografía.
Podedes construír esta redacción da seguinte maneira:
-Primeiro pensa no que vas
escribir, planifica.
-E despois escríbeo en oracións non
moi longas.
Intenta sempre facelo coa mellor letra que podas facer!
INVENTAR
PROBLEMAS
Podemos coller a nosa libreta e inventar
problemas como os que nos poñían no cole… e despois como non… resolvelos!
FACER PUZZLES
Seguro que na casa tedes varios puzzles...
pois aproveitemos para facelos!
Sabiades que os puzzles melloran a nosa memoria visual, desenvolven a concentración e estimulan
a nosa habilidade espacial e matemática, etc.. entre outras moitas cousas... ?
Así que
mirade a de cousas que facemos cando estamos a realizar un puzzle!!!
CONSTRUIMOS UN RELOXO
Coa axuda
dun prato de plástico ou recortando un
circulo grande nun cartón (podemos aproveitar a caixa das galletas ou cereais),
colocamos os 12 números que corresponderán as horas repartidas da seguinte
maneira:
Despois...temos
que debuxar e recortar dúas frechas: unha grande que corresponderá as horas e
outra pequena que será a que nos indique os minutos....
Move as agullas... e xoga cos teus familiares
a adiviñar as horas!
FACER PULSEIRAS e
colares
Podemos
elaborar pulseiras de moitas maneiras... e así traballaremos a psicomotricidade fina nas mans.
Ensartando
boliñas /abelorios / contas nun fío ou en lá ..... Tamén podemos utilizar
botóns ou calquera cousa que teñades por casa!
Podemos
alternar as cores... e facer series con elas....
E seguro que
na nosa casa atoparemos macarróns.. e se son de varias cores... pois podemos
facer tamén colares alternando os cores e facendo series.
XOGOS DE MESA
É un bo
momento para traballar os xogos de mesa como:
·
O DOMINÓ.
O Dominó é un xogo moi sinxelo e ideal para
xogar coa familia. Se non sabedes como se xoga, pedídelle a un maior da vos
ensine porque é moi doado.
É unha actividade que ademais de favorecer a concentración e a memoria para
pensar en estratexias e así poder gañar a partida, mellora o noso coñecemento
matemático.
Se non tes
na casa o dominó, sempre o podes facer, so precisas cartolina, rotulador, regra
e unhas tesoiras.
·
AS CARTAS
Podemos aproveitar calquera tipo
de cartas que teñamos por casa e xogar por exemplo ao CINQUILLO que trata de ordenar
e organizar as cartas por palos o que nos axudará a traballar a axilidade mental e empregar estratexias.
·
O PARCHIS.
Ao igual que ocorría co dominó, o
parchís axúdanos a favorecer o
aprendizaxe dos números, do cónteo, da suma e de situar o anterior e posterior
dun número, por iso vos animamos a
xogar unhas partidiñas coa vosa familia.
Se non dispós del, sempre o podedes facer cunha cartolina branca,
rotuladores ou lapis de cores (negro, azul, vermello, amarelo e verde) e unha
regra.
Calquera xogo de mesa é unha boa
opción e seguro que dispoñedes de moitos na casa.
Estes xogos axudan aos nenos/as a
aumentar a axilidade numérica ou a memoria, tamén adquiren habilidades como a
de seguir unhas normas, saber respectar quendas e tamén, non menos importante,
habilidades como saber gañar ou saber perder, tan útil na vida. Ademais de
reforzar os lazos familiares, a confianza nun mesmo e a rivalidade saudable
E como
non... Temos que aproveitar para LER , LER TODO O QUE POIDADES...
Podemos
ler calquera cousa que nos atopemos.... as etiquetas dos alimentos... dos produtos
de limpeza, as receitas que fan os maiores para cociñar, os contos que temos
pola casa, as revistas, as instrucións dos xogos,... etc.. E sempre que non
entendamos algo.... pois non vos esquezades de preguntarlle alguén que teñades
preto... e se non pode nese momento... pois marcarmos esa dúbida... e xa lle
preguntaremos mais tarde... pero non vos quededes con ela!
Ahh e
tamén temos que aproveitar a ler números... os números están en todas as
partes, no calendario, nas páxinas dos libros, nas etiquetas dos produtos para
indicar o pesa ou a capacidade, etc.
Pois hoxe
non vos aturulo mais... outro día poñerei outras propostas que vos poden ser de
axuda!
Un bico na distancia
E esperamos vernos pronto todos
xuntiños no cole!
Bibiana. Mestra de Apoio
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.